Vilalba acollerá un partido de fútbol benéfico a favor da Cruz Vermella

TerraChaXa
No partido participarán diferentes peñas futbolísticas da contorna
partido-benefico-celta-deportivo-terra-cha
26 Jun 2025

O sábado 28 de xuño celebrarase en Vilalba un partido de fútbol benéfico organizado polo Campus Racing Club Villalbés, en colaboración coa Cruz Vermella Española – Vilalba. O encontro terá lugar ás 12:30 horas no Estadio Roca, no Concello de Vilalba.

Con motivo do evento, recollerase material escolar novo —como rotuladores, ceras, pinturas, cadernos, estuches, mochilas ou libros de lectura— que será posteriormente entregado á Cruz Vermella. Esta iniciativa ten como obxectivo apoiar a nenos e nenas en risco de exclusión social de cara ao inicio do curso 2025-2026.

No partido participarán diferentes peñas futbolísticas da contorna, entre elas as peñas deportivistas de Vilalba e da Terra Chá, así como as peñas celtistas de Andrade e de Vilalba. A organización anima á veciñanza a asistir e colaborar con esta causa solidaria.

⚙ Configurar cookies
0.16085195541382