Vilalba acollerá un taller sobre prevención de riscos no fogar organizado por Cruz Vermella
O vindeiro mércores, 29 de xaneiro, Cruz Vermella de Vilalba celebrará unha nova sesión formativa, que contará coa colaboración da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vilalba. O taller, baixo o título Prevención de Riscos e Accidentes no Fogar, terá lugar na aula do Centro de Saúde de Vilalba, no marco do Plan Local de Saúde do municipio e en colaboración co Sergas.
A sesión, de carácter gratuíto, terá unha duración de 1 hora e 30 minutos e comezará ás 11:00 da mañá. Esta actividade está especialmente orientada a sensibilizar e formar sobre como evitar accidentes e minimizar os riscos no ámbito doméstico, promovendo así unha vida máis segura nos fogares.
Para participar no taller, é necesario realizar unha inscrición previa. As persoas interesadas poden obter máis información ou anotarse chamando ao teléfono 982 51 13 03.
Cruz Vermella de Vilalba continúa apostando por actividades formativas que transforman e melloran a calidade de vida da veciñanza, especialmente no eido da prevención e a seguridade.