Vilalba acollerá unha conferencia e proxección sobre a obra de Federico García Lorca en Galicia

TerraChaXa
A actividade, presentada pola concelleira de Cultura, Mónica González, terá lugar o sábado 13 de decembro ás 12:00 horas na Biblioteca Municipal
presentacion-lorca-en-galicia
12 Dec 2025

A Concellería de Cultura de Vilalba anunciou a celebración dunha conferencia e proxección a cargo do escritor e editor Henrique Alvarellos baixo o título Lorca en Galicia. A actividade, presentada pola concelleira de Cultura, Mónica González, terá lugar o sábado 13 de decembro ás 12:00 horas na Biblioteca Municipal.

O encontro enmárcase na conmemoración do 90 aniversario da publicación de Seis poemas galegos (1935-2025), unha das obras máis singulares de Federico García Lorca e clave na relación do poeta co territorio galego. Durante a sesión, Alvarellos abordará o contexto histórico e literario no que o autor granadino escribiu estes textos, así como as conexións persoais e creativas que o uniron a Galicia.

A actividade, organizada polo Concello de Vilalba coa colaboración da editorial Alvarellos, pretende achegar ao público a figura de Lorca desde unha perspectiva renovada, poñendo en valor o seu legado e a súa vinculación coa cultura galega.

⚙ Configurar cookies
0.081743001937866