Vilalba acollerá unha segunda edición do mercado Vintalba este domingo

TerraChaXa
O evento enmárcase na iniciativa posta en marcha polo goberno local para dinamizar a praza de Santa María nos días de feira mensual
presentacion-vintalba
5 Jul 2025

Debido á demanda, o mercado de segunda man de Vilalba que leva o nome de Vintalba terá unha segunda edición este domingo, 6 de xullo.

“Unha proposta coa que damos continuidade á iniciativa posta en marcha para dinamizar a zona da Praza de Santa María os días de feira mensual” explicou a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, cando presentou a primeira edición, que tivo lugar o domingo 8 de xuño.

En canto ao funcionamento do mercado, os interesados poderán expor os seus produtos nos postos instalados polo Concello. “Calquera artigo de segunda man nun bo estado de conservación: dende roupa, calzado ou accesorios, ata electrodomésticos, mobles, xoguetes e un longo etcétera” apuntou a rexedora, Marta Rouco.

“Como requisito para poder participar deberán ter un mínimo de 20 produtos para vender ou intercambiar” subliñou a concelleira de Feiras e Mercados, Paula Vigo, quen explicou que terá un horario continuado de 10 a 15 horas.

Finalmente, a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, animou aos veciños e veciñas “a participar neste mercado que ademais de contribuír a dinamizar a nosa vila é unha ferramenta idónea para dar unha segunda vida ás nosas pertenzas, reducindo o desperdicio e facendo un uso máis eficiente dos nosos recursos”.

⚙ Configurar cookies
0.15037608146667