Adiado ao domingo 6 o Entroido de Vilalba

TerraChaXa
O Concello de Vilalba xa ten listas as bases de participación no Entroido 2022, no que recupera o tradicional desfile de disfraces
entroido 6 marzo vilalba cartaz_portada
28 Feb 2022

O Concello de Vilalba decidiu aprazar a celebración do Entroido en Vilalba, prevista para mañá, 1 de marzo, ata o domingo 6 debido ás previsións meteorolóxicas, pero mantendo os memos horarios e programa anunciado. O enterro da sardiña permanece no mesmo día e hora: mércores 2 de marzo ás 20 horas na Praza da Constitución.

 As persoas e comparsas participantes farán un desfile pola vila a partir das 17.00 horas, con saída da rúa Castelao, o lado da estación de autobuses de Vilalba, para pasar despois por Campo de Puente, rúa da Pravia e rematar na praza da Constitución. 

Poden participar e optar aos premios e axudas, ademais dos particulares e parellas, calquera asociación ou entidade legalmente constituída, así como os “grupos ocasionais” que cumpran as condicións establecidas nestas bases.

 Haberá premios para as mellores comparsas Infantil e xuvenil (de 0 a 14 anos) e para as mellores comparsas de Adultos (a partir de 15 anos) e Mixtas (adultos e nenos). Na categoría individual e por parellas, para Infantil e Xuvenil (0 a 14 anos) e Adultos (máis de 15 anos).

O premio de maior cuantía será de 700 euros para a mellor comparsa mixta. Haberá tamén premios para as comparsas máis orixinais e simpáticas, ademais de 1.000 euros a repartir entre todas as comparsas que participen e non obteñan premios (máximo 100 euros por comparsa). 

Todos e todas as participantes obterán un vale de chocolate con churros, e os nenos e nenas menores de 14 anos un agasallo.

O mércores 2 de marzo, o concello mantén o Enterro da Sardiña, ás 20:00 horas na praza da Constitución, no que tamén se repartirá chocolate con churros.

0.14648985862732