Vilalba arranca a campaña de concienciación para a recollida de excrementos dos cans

TerraChaXa
O Concello de Vilalba presentou hoxe a nova Ordenanza Xeral de Protección do Medio Ambiente Urbano, que inclúe normas que afectan á recollida dos excrementos dos animais.
campana recollida excrementos vilalba
19 Oct 2023

O Concello de Vilalba presentou hoxe a nova Ordenanza Xeral de Protección do Medio Ambiente Urbano, que inclúe normas que afectan á recollida dos excrementos dos animais.

Na presentación da ordenanza e da campaña de sensibilización cidadá Un marrón trae outro estiveron a alcaldesa, Marta Rouco; a concelleira de Educación e Mocidade, Paula Vigo, e representantes das clínicas veterinarias Alameda e Vilalba, que serán as encargadas de repartir entre os seus clientes as 500 botellas con produto desinfectante-desodorizante que mercou o concello.

Ademais, repartiranse carteis entre os establecimientos comerciais e dípticos entre a veciñanza de Vilalba para informar das sancións que prevé a nova ordenanza.

O texto lembra que “a persoa que leva o animal está obrigada a recoller e retirar os excrementos e á limpeza da parte da vía pública afectada, polo que deberá levar obrigatoriamente unhas bolsas para a recollida e limpeza das feces e unha botella con produto desinfectante-desodorizante para minimizar os efectos das miccións dos cans”.

Ademais, os donos deberán procurar que os ouriños non se produzan sobre o mobiliario urbano, edificios e vehículos, tentando que se realicen xunto aos bordos das beirarrúas e o máis próximo posible aos sumidoiros ou a zonas que non sexan de xogo ou tránsito de peóns.

Non recoller os excrementos suporá unha sanción de 250 euros, e haberá tamén sancións de 150 euros se non se mostran, a requerimento da Policía Local, as bolsas para a recollida ou a botella desinfectante para minimizar o efecto das miccións.
A ordenanza prohíbe tamén alimentar a animais vagabundos ou extraviados sen contar con autorización municipal (500 euros) ou exhibir animais de compañía destinados á venda en escaparates ou a modo de reclamo comercial, tamén con sancións de 500 euros.

0.18397188186646