Vilalba busca paxes para participar na Cabalgata de Reis do día 5

O luns 5 de xaneiro, os Reis Magos visitarán Vilalba e subiranse ás carrozas para percorrer as nosas rúas na súa tradicional cabalgata, pero precisan axudantes que os acompañen no seu labor.
Polo que, todos os nenos e nenas que o desexen poden inscribirse para converterse o vindeiro 5 de xaneiro nun dos paxes reais que acompañará aos Reis Magos na cabalgata, iso si, as prazas son limitadas.
Para participar será necesario cumplimentar a inscrición nesta ligazón. O prazo para facelo rematará o día 27 de decembro e as prazas asignaranse por orde de entrada das inscricións
O Concello dará a coñecer os paxes reais que conseguiran a súa praza, que terán que achegarse á Casa da Cultura para recoller o seu traxe.