Vilalba celebra este sábado a terceira edición da Festa dos Condutores

TerraChaXa
A asociación Terra Chá é a entidade organizadora desta cita
festa-dos-condutores-vilalba
11 sep 2024

O Concello de Vilalba será o escenario este sábado, día 14 de setembro, da terceira edición da Festa dos Condutores.

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, reuniuse no concello con Marcos Anido, da asociación Terra Chá, organizadora desta cita na honra dos condutores, sobre todo os profesionais pero tamén os afeccionados a algún tipo de vehículo.

“Unha boa iniciativa e un sector, o do transporte, estratéxico e moi importante, polo que as persoas que se dedican a conducir un camión ou unha furgoneta merecen un recoñecemento e unha xornada festiva”, asegura Marta Rouco.

A festa comezará pola mañá, coa entrada paulatina dos vehículos en Vilalba, maiormente camións. Ás 12:00 horas haberá misa e bendición de vehículos, e posteriormente unha comida de fraternidade no Campo da Feira, amenizada por Os Adrianos e o dúo Venus.

Pola tarde, inchables para os nenos, sorteo de agasallos e, como fin de festa, unha cea con verbena. Acudirán condutores galegos e doutras comunidades autónomas, como Asturias e Cantabria.

0.19547009468079