Vilalba celebra o 8 de abril o Campionato Delicias Gastronómicas de taekwondo

TerraChaXa
A capital chairega acollerá o domingo 8 de abril o Campionato Delicias Gastronómicas de Vilalba, organizado pola Escola de teakwondo Moo Duk Kwan, en colaboración coa asociación Andrade Tae.
taekwondo
6 Abr 2018

A capital chairega acollerá o domingo 8 de abril o Campionato Delicias Gastronómicas de Vilalba, organizado pola Escola de teakwondo Moo Duk Kwan, en colaboración coa asociación Andrade Tae. Trátase dunha nova iniciativa deportiva coa que se pretende promocionar conxuntamente o deporte local e os produtos de calidade da comarca.

As previsións da organización son reunir en Vilalba a nove clubs con máis de 200 deportistas de todas as idades procedentes de nove clubs galegos e portugueses, xa que haberá competidores desde os catro anos e dende o cinturón branco, con representación de deportistas clasificados para o Mundial de Taipei.

A competición, que se celebrará no pavillón municipal de Vilalba, dará comezo do día 8 de abril ás 10.00 horas e durará tres horas, durante as cales se realizarán varios sorteos entre os asistentes de cestas con produtos típicos da comarca. Con alimentos doados por parte das empresas da comarca, a intención con estes sorteos é recaudar fondos para a Sociedade de Loita contra o Cancro.

Esta competición coincide coa celebración esa mesma fin de semana da Feira do Queixo San Simón en Vilalba, razón pola que se escolle esta data a súa organización.

0.10078501701355