Vilalba celebra o 8 de marzo con obradoiros feministas nos centros educativos
Con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebrará o vindeiro 8 de marzo, o Concello de Vilalba pon en marcha múltiples obradoiros de empoderamento e referencias femininas nos centros educativos.
Será unhas xornadas nas que se traballarán cuestións clave para unha sociedade máis igualitaria como a corresponsabilidade, a fraternidade ou a sororidade nos distintos niveis educativos de todos os centros escolares do municipio
O primeiro deles dará comezo o vindeiro luns, 26 de febreiro, e logo sucederanse as xornadas durante tres semanas.
Os obradoiros serán impartidos pola axente de igualdade do Concello, Xiomara Lazo, que transmitirá os seus coñecementos á mocidade.
Ademais, Xiomara axudará ao alumnado na creación de blogs con entrevistas a referentes femininas e unha proposta de nomes femininos para o rueiro da vila.