Vilalba celebra o Día do Libro cunha actividade na biblioteca para a cativada

O Concello de Vilalba conmemorará de xeito especial o mes da lectura e os libros, aproveitando as vacacións escolares de Semana Santa para poñer en marcha unha proposta destinada a toda a familia. O mércores, 16 de abril, ás 17:00 horas, a Biblioteca Municipal será o escenario para celebrar por adiantado o Día do Libro.
Nesta ocasión, o espectáculo titulado Un saco de contos, presentado pola man de Ángeles Goás, promete levar á imaxinación dos asistentes a lugares máxicos e recoller os contos que encantan a grandes e pequenos. Esta iniciativa busca incentivar o noso vínculo coa lectura e ofrecer un contido cultural enriquecedor que beneficie á comunidade.
Interesados poden inscribirse a través deste formulario. Con esta actividade, o Concello de Vilalba reafirma o seu compromiso co fomento da cultura e a promoción de actividades de carácter formativo e lúdico para todos os cidadáns.