Vilalba celebra o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia cunha actividade na Biblioteca

TerraChaXa
A participación no evento é gratuíta, mais é imprescindible realizar unha inscrición previa a través dun formulario en liña
mulleres-en-la-ciencia
9 Feb 2025

O Concello de Vilalba organiza unha actividade especial o mércores, 12 de febreiro, para conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. O evento terá lugar na Biblioteca Municipal a partir das 17:00 horas.

Os asistentes poderán desfrutar do teatro de monicreques Mulleres científicas: pasado, presente e futuro, unha representación dirixida a un público maior de 5 anos. A actividade está organizada polo Club de Ciencia Átomos Chairegos en colaboración coa Biblioteca Agustín Fernández Paz, ambas pertencentes ao IES Basanta Silva.

A participación no evento é gratuíta, mais é imprescindible realizar unha inscrición previa a través deste formulario en liña.

Esta iniciativa busca destacar a importancia das mulleres na ciencia ao longo da historia, promovendo a igualdade e a inclusión no ámbito científico desde idades temperás.

0.17520499229431