Vilalba celebra os 101 anos de Celia López coa súa familia

TerraChaXa
O Concello de Vilalba conmemorou os 101 anos de Celia López, veciña do municipio e exemplo de vitalidade e memoria viva da historia local.
vilalba-celia-centenaria
18 May 2025

O Concello de Vilalba conmemorou os 101 anos de Celia López, veciña do municipio e exemplo de vitalidade e memoria viva da historia local.

A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira de Benestar Social, Paula Vigo, achegáronse ata o domicilio de Celia, situado no casco urbano de Vilalba, para acompañala nesta celebración e facerlle entrega dun ramo de flores en nome de toda a veciñanza.

Celia, natural da parroquia de Goiriz, recibiu ás representantes municipais cun sorriso e compartiu unha agradable conversa chea de lembranzas e anécdotas que reflicten o seu espírito afable e a súa longa traxectoria vital.

⚙ Configurar cookies
0.11081504821777