Vilalba celebra un novo Tardeo na Pravia con música en directo

TerraChaXa
Cristian Leggiero e Paty Lesta actuarán o 14 de agosto a partir das 20.30 horas na rúa da Pravia
Cristian-Leggiero-e-Paty-Lesta
14 Aug 2025

O Concello de Vilalba, a través da Alcaldía e da concellería de Infancia e Xuventude, volve organizar unha nova edición do Tardeo na Pravia, unha proposta pensada para gozar da vila e dinamizar o seu centro urbano.

A cita terá lugar este mércores 14 de agosto na rúa da Pravia, onde a música en directo de Cristian Leggiero e Paty Lesta poñerá banda sonora ao solpor a partir das 20.30 horas.

O evento propón un plan perfecto para combinar unha tarde nas piscinas da Madalena co ambiente musical no corazón da vila, convidando tanto a veciños como a visitantes a desfrutar dunha xornada estival de ocio e convivencia.

⚙ Configurar cookies
0.16270780563354