Vilalba celebrará campamentos de verán
O Concello de Vilalba celebrará un ano máis os campamentos de verán, que se celebrarán en dúas quendas de tres semanas de duración.
Así, o primeiro terá lugar entre o 9 e o 27 de xullo e a segunda entre o 30 de xullo e o 17 de agosto. O prazo de inscrición estará aberto entre o 6 de xuño e o 20 de xuño e esta deberá facerse nas propias oficinas municipais, no primeiro andar.
Este campamento está dirixido a nenos nados entre 2006 e 2013 e haberá un máximo de prazas por quenda.
Xunto co formulario de inscrición os interesados deberán adxuntar unha foto tamaño carné, fotocopia da tarxeta sanitaria do neno e unha solicitude xeral. O prezo desta actividade oscilará entre os 90 e os 180 euros dependendo da renda.
O venres 8 de xuño, o concello fará públicas as actividades que ser realizarán nestes campamentos.