Vilalba celebrará o Torneo de Reis de pádel do 5 ao 11 de xaneiro de 2026

As instalacións de Indoor Vilalba acollerán do 5 ao 11 de xaneiro de 2026 unha nova edición do Torneo de Reis, unha cita deportiva que reunirá a xogadores e xogadoras de diferentes niveis e categorías coincidindo coas datas do Nadal.
O torneo contará con varias categorías masculinas, da primeira á cuarta, así como unha categoría feminina e outra mixta, ambas con sistema de cascada da primeira á segunda. A organización busca así favorecer a participación e a competitividade, garantindo partidos axeitados ao nivel das persoas inscritas.
As inscricións deberán realizarse a través da plataforma www.mistorneosonline.es ata hoxe, 3 de decembro, como último día. O prezo será de 25 euros por unha categoría, cun custo adicional de 10 euros por cada categoría extra. Ademais, a organización anuncia máxima dispoñibilidade de partidos desde o venres ata o domingo. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar con Esteban ou Roberto nos teléfonos facilitados pola organización.
En canto aos premios, as persoas participantes optarán a palas de pádel, paleteiros e diverso material deportivo. Todos os xogadores recibirán tamén un pack de benvida e, ao remate do torneo, haberá pinchos gratuítos para poñer o broche final á competición.