Vilalba celebrará unha nova edición da Andaina de San Ramón e Santa María
O Concello de Vilalba celebra o próximo martes 23 de agosto a Andaina de San Ramón e Santa María 2022, unha actividade incluida na programación das festas patronais.
A proba, de aproximadamente 3,25 quilómetros, discurrirá polas principais rúas da vila, con saída desde a praza da Constitución ás 20:30 horas.
O prazo das inscricións, de balde, remata o 17 de agosto na web www.championchipnorte.com. Os dorsais poderán recollerse o propio día da proba, a partir das 19:00 horas na praza da Constitución.
Haberá unha categoría única na que non existe límite de idade, podendo participar dende nenos e nenas recen nados no seu carro e a súa familia, ata os máis maiores.
Tamén poden participar nesta andaina os donos coa súa mascota, sempre e cando a mascota leve o material idóneo para a seguridade dos participantes e do evento en si.
Esta proba forma parte do do programa das Festas de San Ramón e Santa María de Vilalba 2022, que se celebrarán desde o 19 agosto ata o 4 de setembro con numerosas actividades de ocio e lecer para todas as idades.