Vilalba celebrou por primeira vez un desfile de Entroido cos nenos dos colexios

TerraChaXa
O Concello de Vilalba amósase moi satisfeito pola experiencia do Desfile de Entroido dos colexios, que se realizou por primeira vez na vila.
entroido vilalba colexios
18 Feb 2023

O Concello de Vilalba amósase moi satisfeito pola experiencia do Desfile de Entroido dos colexios, que se realizou por primeira vez na vila onte.

A idea de realizar este encontro entre os centros escolares de Vilalba para amosar o traballo realizado polos alumnos e alumnas durante estes días resultou todo un éxito de participación e de ambiente, animados por unha meteoroloxía que acompañou a mañá de troula.

Os 826 nenos e nenas dos CEIP Terrá Cha, CEIP Insua Bermúdez, CEIP Mato Vizoso, a Escola Infantil Municipal e a Escola Infantil iniciaron o seu desfile dende a explanada do Instituto para chegar despois ata a Praza da Constitución, onde desfrutaron dunha merenda e bailaron e cantaron cunha actuación de animación.

A satisfacción foi máxima entre os participantes que viviron hoxe un Entroido diferente, moi divertido e de convivencia entre os escolares de Vilalba, que amosaron tamén as súas gañas de repetir a experiencia o ano que ven.

0.11219906806946