Vilalba coa ciencia homenaxea ao doutor Emilio Bouza

TerraChaXa
A Asociación de Amigos do Museo de Vilalba, en colaboración co Museo de Prehistoria e Arqueoloxía, continuará en novembro co ciclo Vilalba coa Ciencia, co que se pretende loubar ás figuras destacadas da localidade.
44944460_2887264594633202_6360210064107634688_o
7 Nov 2018

A Asociación de Amigos do Museo de Vilalba, en colaboración co Museo de Prehistoria e Arqueoloxía, continuará en novembro co ciclo Vilalba coa Ciencia, co que se pretende loubar ás figuras destacadas da localidade. Nesta ocasión a homenaxe será para o doutor Emilio Bouza Santiago, catedrático de Mirobioloxía da Universidade Complutense de Madrid.

A homenaxe será o 9 de novembro, a partir das 19.30 horas no Parador de Vilalba. O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer a reputados membros da comunidade científica naturais da localidade.

Estes eventos celébranse cunha periodicidad trimestral e teñen un formato único con dúas partes diferenciadas. A primeira parte, de acceso libre e gratuíto, comezará ás 19:30 cunha breve presentación, para acto seguido dar comezo a disertación do profesor Bouza sobre algunhas das súas liñas de investigación máis destacadas.

A segunda parte comezará ñas 20:45, será máis lúdica, e haberá unha degustación á que poden acudir todos aqueles que o desexen previa reserva, e terá un custo de 25 euros.

Emilio Bouza Santiago licenciouse en Medicina en Cirurxía na Facultade de Medicina da Universidade Complutense en 1970 para despois conseguir a praza como Médico Interno e Residente na Clínica Puerta de Hierro de Madrid, onde se especializou en Medicina Interna. Durante dous anos (1975-1977) realizou a Fellowship en Enfermidades Infecciosas e Microbioloxía no Center for the Health Sciences da Universidade de California. Agora ten o seu despacho na vella capela do Hospital Gregorio Marañón de Madrid. A súa idea desde que regresou dos Estados Unidos a principios dos anos 80 foi formar un gran equipo. En 1984 creou o primeiro servizo de Enfermidades Infecciosas e Microbioloxía Clínica de España que hoxe é un dos líderes mundiais desta especialidade, tanto en clínica como en investigación.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1805100440979