Vilalba coa Ciencia homenaxeará en agosto a Ana Carballeira Debasa

TerraChaXa
A Asociación de Amigos do Museo de Vilalba, en colaboración co Museo de Prehistoria e Arqueoloxía, continuará en agosto co ciclo Vilalba coa Ciencia, co que se pretende loubar ás figuras destacadas da localidade.
38267298_2696994073660256_7898267999180685312_o
16 Ago 2018

A Asociación de Amigos do Museo de Vilalba, en colaboración co Museo de Prehistoria e Arqueoloxía, continuará en agosto co ciclo Vilalba coa Ciencia, co que se pretende loubar ás figuras destacadas da localidade. Nesta segunda ocasión a homenaxe será para a doutora Ana Carballeira Debasa, científica titular na Escola de Estudos Árabes (EEA) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

A homenaxe terá lugar o 17 de agosto, a partir das 20.30 horas. O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer a reputados membros da comunidade científica naturais da localidade.

Ana Carballeira licenciouse en Filoloxía Semítica en 1996 pola Universidade Complutense de Madrid, con especialización en Árabe e Islam e no 2000, obtivo o grado de doutora pola Universidade Autónoma de Madrid. No ano 1995, obtivo unha beca de investigación no departamento. de Estudos Árabes e Islámicos da Facultade de Filoloxía da Universidade Complutense de Madrid e no 1996 comezou como becaria no departamento de Estudos Árabes do Instituto de Filoloxía do CSIC (Centro de Ciencias Humanas e Sociais) de Madrid. Tras os seus estudos doctorais e postdoctorais comozou a traballar como titular de investigación e laboratorio no Grupo de Historia do Instituto de Estudos Galegos Pai Sarmiento» (CSIC-Xunta de Galicia, Santiago de Compostela) e, en 2007-2008, como investigador no CSIC de Madrid. Actualmente, é investigadora titular no CSIC na Escola de Estudos Árabes (Granada).

Os seus campos de especialidade son a historia socio-económica da sociedade islámica da Idade Media (estudo da pobreza e das fundaciones piadosas no al-Ándalus); Galicia e os galegos nas fontes árabes medievais (estudo da concepción de Galicia e dos galegos polos autores musulmáns da Idade Media, a partir de documentos árabes). É autora de dous libros e de 30 artigos publicados en revistas nacionais e internacionais.

Estes eventos celébranse cunha periodicidad trimestral e teñen un formato único con dúas partes diferenciadas. Na primeira hai un acto solemne no que se realiza unha laudatio da persoa homenaxeada, que responde cunha microconferencia sobre algunhas das súas liñas de investigación máis destacadas.

A continuación, os presentes teñen o seu turno de palabra para realizar preguntas ou contar algunha anécdota para, a continuación, proceder á entrega dun obsequio conmemorativo á persoa en cuestión.

Na segunda parte, máis lúdica, hai unha degustación á que poden acudir todos aqueles que o desexen.

0.17489099502563