Vilalba completa as festas de San Ramón e Santa María coa última semana de celebracións

TerraChaXa
Comezará co día dedicado a Santa María e rematará coa celebración do día da Feira e Día da Parroquia
xira-dos-maiores-vilalba
31 Aug 2025

Vilalba inicia estes lunes, día 1 de setembro, a última semana de celebracións con motivo das Festas do San Ramón e Santa María do 2025, que se celebran desde o 22 de agosto.

A última semana comezará co día dedicado a Santa María e rematará coa celebración do día da Feira e Día da Parroquia. Buxos Verdes da Chaira e Entre Lusco e Fusco serán os encargados dos pasarrúas o día da Patroa e Los Españoles e Panorama City completan o apartado musical. Seguirán os días infantís, os días 2 e 3 de agosto.

Este ano haberá dous días de programación exclusiva infantil para que os máis pequenos tamén teñan a oportunidade de desfrutar das festas. Novamente un convenio firmado entre o Concello e Entrepinares servirá para sufragar estas actividades e lecer para os máis pequenos.

O primeiro día terá lugar tamén o concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona, na praza de Santa María e o segundo día serán as Simultáneas de Xadrez, que este ano chegan á súa XXXI edición que, malia que se celebran no Día Infantil, as partidas estarán abertas á participación do público en xeral. Desde a organización lembran, que se o tempo non o permitise, en lugar de ser na praza da Constitución, trasladaranse ao Espazo Xove.

Todo isto, a maiores da chea de actividades que haberá ámbolos dous días, como inchables, Shotter Gallery, Rokomonte ou Simuladores; na praza da Constitución tanto pola mañá como pola tarde. O mércores, incluirase a Festa da Escuma.

Rematará o día co tan esperado concerto do artista Carlos Baute, a gran proposta musical deste ano.

O xoves 4 acollerase na praza da Constitución unha foliada para animar as rúas con Noxo Me Das e Orquestra Bravú Xangai como protagonistas, ademais da proxección dunha das películas gañadoras dos premios do ciclo Mestre Mateo, concretamente +Cuñados, no Auditorio Municipal de Vilalba, outra das actividades organizadas polos Iescha.

O día seguinte é a quenda para conmemorar o 25 aniversario do centro ocupacional de Vilalba. Ademais incorporouse a última hora o concerto da Penúltima Sabinera, ás 23 horas na praza da Constitución.

O sábado 6, o Auditorio Municipal acollerá o certame de bandas Pepe Guntín, outro dos clásicos das festas. A música da verbena correrá a cargo de La Nave e o grupo Arizona.

FIN DE FESTA

O último día estará dedicado á Feria e rematará cunha sesión vermú e logo haberá un tardeo para clausurar as festas, xa que o luns será o día no que se inicie o curso escolar. Este ano, escolleuse San Xurxo de Rioaveso como parroquia homenaxeada e serán a Asociación Cultural Árdelle o Eixo e Cerna de Árbol os que se encarguen da recepción inicial.

Na parte deportiva, o 6 será a Carreira Nocturna dentro do circuíto de carreiras da Terra Chá. Esta iniciativa, organizada polo Club Atletismo Vilalba coa colaboración do Concello de Vilalba, chega á súa sétima edición.

Tamén, o día da parroquia, aproveitarase a oportunidade para disputar o Campionato de Liga, un duelo entre o equipo local, o Rácing Club Vilalbés, e o Alondras.

Programa-Festas-Vilalba_Setembro
⚙ Configurar cookies
0.13913702964783