Vilalba completa hoxe o programa dun FIV que xa celebrou os seis primeiros concertos

O FIV de Vilalba, un dos eventos máis especiais da música independente en Galicia, arrancou este venres, 25 de abril cos seis primeiros concertos que se celebraron ante numeroso público no escenario Vibra Mahou desde as 19.00 horas.
Esta primeira sesión estivo aberta por Rapariga DJ, que se encargou de quentar a xornada entre concerto e concerto. Así sucedéronse os de Adrian Timms, Joe Crepúsculo, Varry Brava, The Rapants e Galician Army.
Este sábado 26 subirán ao escenario Leria, León Benavente, Shinova e Cycle para rematar con Juancasupersub DJ Set. Este concertos serán a partir das 19.30 horas cunha entrada de media hora de Rapariga DJ.

O sábado 26, como é habitual, a festa trasladarase á Praza de Concello para unha sesión vermú coa Banda de Música de Vilalba na que o público poderá gozar do Karaoke FIV Stars, ademáis dos concertos de Hynd e Grande Osso DJ Set.
O FIV de Vilalba é un dos eventos máis esperados polos amantes da música de Galicia, ano a ano a vila énchese de fivers dispostos a gozar da mellor música, con actividades tamén durante o día ou iniciativas que implican ao comercio local. Con 18 edicións de historia ofrece desde Vilalba unha proposta que mestura grandes nomes da música nacional con novas bandas, destacando o talento galego.