Vilalba conta con dous contedores de reciclaxe téxtil

TerraChaXa
Este proceso de reciclaxe e reutilización da roupa é un modelo de economía circular
contedor-roupa-textil-vilalba
Contedor de roupa en Vilalba
28 Xul 2024

Cáritas Diocesana Lugo e Insertega (unha empresa galega de xestión de residuos especializada en textil), implantaron dous puntos de recollida de roupa. Estes contedores están situados en dous puntos estratéxicos da capitalidade do municipio, detrás do auditorio e na rúa da Feira.

Este proceso de reciclaxe e reutilización da roupa é un modelo de economía circular, para tentar sacar o máximo rendemento aos recursos materiais mediante a súa reutilización e aproveitamento para outros usos, chegando a unha taxa de recuperación do 90 % da roupa doada.

0.22363615036011