Vilalba conta cun novo centenario, César Novo Fernández

Marta Rouco, alcaldesa de Vilalba, achegouse a felicitar a César Novo Fernández, que cumpriu cen anos logo dunha vida intensa, con seis fillos e moitos anos dedicado a arranxar aparatos de televisión en Vilalba.
“Pasamos un rato moi agradable con César e a súa familia, escoitando as súas anécdotas xa que foi testemuña do que cambiou Vilalba en 100 anos”, asegura a alcaldesa, que estivo acompañada polos concelleiros Luis Fernández e Ignacio Criado.