Vilalba contará cun novo aparcadoiro

TerraChaXa
Vilalba contará cun novo aparcadoiro que se habilitará nunha zona ao carón do casco histórico de máis de 2.300 metros cadrado.
aparcadoiro vilalba gratuito casco historico
4 sep 2021

Vilalba contará cun novo aparcadoiro que se habilitará nunha zona ao carón do casco histórico. Esta nova zona de estacionamento, gratuíto e disuasorio, terá máis de 2.300 metros cadrados e unha capacidade para máis de setenta vehículos. As persoas que o utilicen están a un minuto andando da praza de Santa María e moi preto do auditorio ou o Parador de Turismo.

Mentres non rematen as obras na rúa das Pedreiras, o acceso será pola rúa da Pedra, ben sexa subindo pola rúa da Ferrería e xirando á esquerda ou baixando pola rúa do Sol e xirando á dereita.

0.15201091766357