Vilalba contará cun parque dedicado a Rosalía

TerraChaXa
A iniciativa do Iescha para que o parque situado entre as rúas Calvario e Rouco Varela leve o nome de Rosalía de Castro foi aprovado no Pleno
xardins calvario rouco varela
3 Dec 2021

A iniciativa do Iescha para que o parque situado entre as rúas Calvario e Rouco Varela leve o nome de Rosalía de Castro foi aprobado no Pleno de onte cos votos a favor de Vilalba Aberta e PSOE e a abstención do PP, que asegurou que non está de acordo coa denominación de espazos públicos con nomes de persoeiros.

O voto conxunto tamén se aplicou para a aprobación da nova ordenanza sobre tráfico presentada polo equipo de Goberno. Esta ordenanza sobre tráfico, circulación de vehículos a motoro e seguridade vial pode consultarse durante o próximo mes no Concello e presentar alegacións.

A adhesión á Rede de Cidades que Camiñan tamén viu a abstención dos populares mentres que si houbo unanimidade sobre o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustenble e a incorporación de Eduardo Vidal aos consellos escolares.

Ademais de preguntar sobre o Plan de Mobilidade, Vilalba Aberta defendeu diante dos grupos con representación municipal a sinalización e trazado no ámbito urbano dun carril bici ou senda ciclista a puntos estratéxicos, como a zona dos centros educativos, a zona de lecer da Praia Fluvial, piscina ou a pista de tenis.

No relativo á política de vivenda (unha cuestión sempre esquecida no Pleno Municipal), Vilalba Aberta puxo o foco na problemática que se deriva da grande cantidade de vivenda baleira en mans de entidades financeiras.

Así mesmo pediu que se proceda á progresiva corrección do desequilibrio por sexos no rueiro apuntando nomes como Concha da Reina, Sara Jato, ou mesmo a oficialidade do nome Praza das Mulleres.

Con respecto á apertura dunha segunda liña de axudas para autónomos e empresas “que quedaran fóra das aprobadas” e onde engaderán “a aqueles/as que, sendo incluídos na primeira liña, non recibiran a correspondente axuda por duplicado a pesares de teren dous establecementos", queda pendente dunha resposta por parte do Concello.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19767785072327