Vilalba contará cun punto de actualización de documentos para renovar o DNI

TerraChaXa
O PAD estará nas instalacións da casa do Concello e evitará desprazarse á oficina da Policía Nacional en Lugo
dni
DNI
30 May 2024

O Concello de Vilalba levou hoxe, xoves, a pleno unha proposta de acordo para a instalación dun Punto de Actualización de Documentos (PAD).

O PAD estará nas instalacións da Casa do Concello e permitirá aos veciños e veciñas renovar o DNI electrónico, que ten unha validez de dous anos e ata o de agora hai que desprazarse á oficina da Policía Nacional en Lugo para poder facelo.

“Desta forma, melloramos os servizos para os vilalbeses e vilalbesas, que poderán realizar trámites de forma máis sinxela e rápida e nunha situación moito máis próxima e cómoda para todos”, sostén a alcaldesa, Marta Rouco.

A instalación deste punto de actualización deriva dunha reunión mantida o pasado 15 de maio pola alcaldesa de Vilalba coa Policía Nacional de Lugo.

Ademais, os veciños e veciñas disporán no concello do asesoramento necesario en caso de dúbidas ou consultas.

Vilalba xa conta co servizo de DNI rural, que permite renovar o DNI na Casa do Concello e que funciona un día ao mes, menos xullo e agosto.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18031311035156