Vilalba contará cunha sesión de jazz o sábado 22 de marzo no auditorio

O Black Music Day chega o sábado 22 de marzo a Vilalba cunha proposta vibrante para dar a benvida á primavera ao son do jazz, soul e blues. As bandas Día D Jazz e Jack Burton Band serán as encargadas de crear unha atmosfera animada onde a paixón pola música en directo será a protagonista a partir das 19.00 horas.
Día D Jazz é unha banda formada por voz, guitarra, batería, saxo e contrabaixo, ofrece unha combinación elegante de blues e jazz con influencias de swing e bossa nova. Cunha ampla traxectoria, participou en diversos festivais de jazz tanto dentro como fóra de España.
Jack Burton Band foi forxado na intensa e variada escena de Austin (Texas), Jack Burton emerxeu como un cantautor enérxico dentro do soul. Coas súa letras inspiradoras e unha voz profunda e emotiva, ofrece unha fusión crúa e conmovedora de blues alternativo e folk-rock. En formato cuarteto, Jack Burton Band garante un espectáculo auténtico e orixinal.
A proposta do Black Music Day complétase cun servizo de bar dispoñible na entrada do auditorio durante o evento.
Entradas xa están dispoñibles na web habitual a un prezo de 8 euros anticipada e de 12 en taquilla.