Vilalba contará este sábado coa comedia 'O Furancho'

TerraChaXa
O Auditorio Municipal do Concello de Vilalba acolle este sábado, 4 de marzo, a representación de O Furancho
o furancho vilalba portada
2 Mar 2023

O Auditorio Municipal do Concello de Vilalba acolle este sábado, 4 de marzo, a representación de O Furancho, unha peza da compañía galega Ibuprofeno Teatro protagonizada polas actrices Isabel Risco e Marián Bañobre, e escrita e dirixida por Santiago Cortegoso.

O espectáculo iniciarase ás 20:00 horas e é gratuíto, previa reserva de localidades a través deste enlace.

O Furancho é unha comedia que, por medio da metáfora gastronómica, repasa cuestións da sociedade contemporánea como a pobreza cultural ou as eleccións que realizan as persoas e como estas as definen.

O espectáculo, que se estreou en 2015, xa percorreu gran parte da xeografía galega e recibiu diferentes galardóns como o Premio María Casares ao Mellor Vestiario e o Premio Fetega (Festival do Carballiño) ao Mellor Espectáculo e Mellor Actriz (Isabel Risco).

o furancho vilalba
0.10023212432861