Vilalba continúa cos bailes no Centro Cultural este domingo

TerraChaXa
A cita é a segunda que o Concello desenvolverá ao longo do ano e estará amenizada polo dúo Epo-K
baile-domingo-vilalba
30 Jan 2025

A alcaldesa e concelleira de Servizos Sociais de Vilalba, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo presentaron o segundo baile que o Concello celebrará este domingo, 2 de febreiro, no Centro Cultural.

“Cremos que este tipo de eventos son fundamentais para dinamizar o noso municipio e para brindarlle ás persoas máis maiores unha oportunidade de socializar, pasar unha tarde divertida e manterse activos”, explicou a rexedora vilalbesa, Marta Rouco.

Neta ocasión, o baile estará amenizado polo dúo Epo-K e se desenvolverá tamén desde as 17:00 horas ata as 20:00. Ademais, haberá un novo sorteo gratuíto, e nesta ocasión serán cinco queixos San Simón da Costa.

O obxectivo é que estas citas teñan un carácter mensual "e nas que intentaremos contar con diferentes agrupacións musicais para animar aos asistentes”, sinalou Rouco, ao tempo que aproveitou para “animar a todos os veciños e veciñas, de todas as idades, a que se acheguen ao Centro Cultural para gozar dunha xornada de música, baile e, se non se animan a bailar, xogos de mesa e conversas cos veciños e veciñas”.

0.13464283943176