Vilalba convértese no epicentro da maxia coa IX Gala Internacional de Ilusionismo – Galicia Magic Fest

TerraChaXa
Esta será o día 6, a partir das 18.00 horas, no Auditorio Carmen Estévez
magic-fest-vilalba
4 Jan 2026

O Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba acollerá este martes, 6 de xaneiro, a celebración da IX Gala Internacional de Ilusionismo – Galicia Magic Fest, unha das citas culturais máis destacadas do Nadal e un referente no ámbito da maxia a nivel internacional.

A gala dará comezo ás 18.00 horas e reunirá sobre o escenario a algúns dos mellores magos e ilusionistas do mundo, que ofrecerán un espectáculo pensado para público de todas as idades. Nesta edición participarán artistas de recoñecido prestixio internacional como Juliana Chen, Stuart Macdonald, Mirko Callaci, Julius Frack e Pedro Volta, que prometen sorprender ao público con números cheos de fantasía, técnica e ilusión.

O Galicia Magic Fest chega a Vilalba na súa novena edición cun formato renovado e cun espectáculo de arredor de 70 minutos de duración, no que se darán cita ilusionistas procedentes de distintos países e galardoados con premios de relevancia mundial. Trátase dunha gala única que xa foi seguida en edicións anteriores a través da Televisión de Galicia, no especial Estrelas Máxicas, e que cada ano consegue encher os teatros de asombro e emoción.

As entradas para asistir ao espectáculo teñen un prezo a partir de 22 euros. Desde a organización destacan que esta nova edición será unha das máis espectaculares ata o de agora, cunha posta en escena coidada ao detalle e numerosas sorpresas para o público.

⚙ Configurar cookies
0.07905101776123