Vilalba convoca un ano máis o Certame Teatro Noite
TerraChaXa
Os días 7, 21 e 28 de xullo terán lugar na praza da Constitución de Vilalba unha serie de representacións moi especiais, as tres obras seleccionadas por una comisión dentro do Certame Teatro Noite entre todas as de teatro afeccionado en lingua galega que desexen presentar a súa candidatura.
5 Jun 2018

As representacións terán lugar no templete da praza en horario nocturno, a partir das 23.00 horas. Finalmente, as compañías recibirán un pagamento pola súa actuación como premio. O montante oscilará, dependendo do número de actores, entre os 400 e os 700 euros.
Os grupos interesados en participar nesta mostra-concurso deben presentar a documentación antes do 22 de xuño nas oficinas do Concello.
Consulta aquí as bases