'Vilalba Dona da Chaira' será o lema da nova marca de turismo vilalbesa

TerraChaXa
Creouse unha nova imaxe a partir do título da obra de Manuel María
presentacion-imaxe-corporativa-vilalba
15 Out 2024

Vilalba Dona da Chaira será o lema da nova marca de Turismo Vilalba. Así o vén de anunciar a edil de turismo María Xosé Fernández explicando que o título da obra de Manuel María será a partir de agora o que proxecte ao Concello de Vilalba no país e no estranxeiro.

Como detallou, esta promoción turística farase a través dunha nova imaxe corporativa que porá en valor a gran riqueza patrimonial, gastronómica e paisaxística, así como as citas festivas máis emblemáticas e, por suposto, o tramo do Camiño de Santiago ao seu paso pola vila e parroquias.

"Vilalba combina todos os ingredientes para ser un destino turístico de calidade e non masificado cun enorme potencial paisaxístico e natural, piares sobre os que estamos a traballar desde o Concello para transformar o sector e desestacionalizarmos a oferta e para que cada vez máis visitantes veñan coñecernos ao longo de todo o ano”, declarou a concelleira.

0.37481284141541