Vilalba e As Pontes acollerán dous partidos da selección española feminina de fútbol sala

As localidades de Vilalba e As Pontes acollerán dous amigables da selección española feminina de fútbol sala como preparación para o Mundial, que se celebrará en Filipinas do 21 de novembro ao 7 de decembro. España xogará catro amigables, dous deles en Galicia e os outros dous en Toledo.
O Pavillón Javier Lozano de Toledo acollerá os dous amigables da selección española feminina de fútbol sala contra Arxentina os días 9 e 10 de setembro. E os días 7 e 8 de outubro España enfrontarase a Portugal en Vilalba e As Pontes. A selección española xogou oito partidos en Galicia ata a data, aínda que esta será a primeira vez que xogue na provincia da Coruña. En Lugo xa xogou un amigable contra Xapón en 2019 no pavillón Vista Alegre de Burela.
Desde a Real Federación Galega de Fútbol agradeceron a colaboración dos concellos de Villalba e As Pontes, así como dos clubs locais, Villaba FS, O Esteo, Lago Sport e á Xunta de Galicia, os cales fixeron posible que a selección absoluta femenina afronte unha boa parte da súa preparación mundialista en Galicia.
Esta actividade contra co patrocinio de Vifrauto Iveco e Grupo Forma-T entre outras entidades privadas.