Vilalba escolleu aos gañadores do concurso de Entroido

TerraChaXa
O Concello de Vilalba fixo público os seus premios de Entroido, concurso realizado on line na modalidade de foto e vídeo.
premios entroido vilalba
21 Feb 2021

O Concello de Vilalba fixo público os seus premios de Entroido, concurso realizado on line na modalidade de foto e vídeo.

Así, na primeira, a de foto houbo tres categorías. Na infantil o primeiro premio foi para Desta non libro, dotado con 100 euros. Tamén venceron A tartaruga do Rañego (75€) eOvelliña de algodón (50€).

En adulto os premios foron para Jardín botánico (100€), Non me comas o millo (75€) e As catrinas de Nete (50€).

Tamén creouse a categoría familiar, na que venceu Familia Monoparental (200€), seguida de Doctor anticovid (150€) e Seres mitolóxicos (100€).

Na modalidade de vídeo, tamén houbo reparto por categorías. Na infantil o primeiro premio foi para Don Quijote de paso por Vilalba (100€), seguido de Santiago Apostol (75€) e Ave del Paraíso (50€).

En adulto os premios foron para Non deixan cagar tranquilo (100€), Peliqueirus caponus (75€) e Nai Guerreira (50€). Finalmente, na categoría familiar gañou O Rei San Simón (200€), seguido de RUTA 634 - Born to ride (150€) e Loita da hostelaría (100€).

Houbo tamén un premio especial de Facebook que correspondeu na categoría foto a Desta non libro (50€) e en vídeo a O Rei San Simón (50€).

0.20812797546387