Vilalba estuda incorporarse á Ruta Europea do Queixo para promover o San Simón da Costa

TerraChaXa
A asociación Ruta Europea do Queixo, fundada en 2014, ten como obxectivo unir esforzos entre diferentes municipios queixeiros para converter o queixo nun elemento estratéxico
reunion-ruta-do-queixo
28 Jan 2025

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, reuniuse cos representantes do Consello Regulador da DOP San Simón da Costa e coa asociación Ruta Europea do Queixo para avaliar a posible incorporación de Vilalba a esta iniciativa como municipio colaborador.

Durante a xuntanza, Marta Rouco destacou a importancia desta oportunidade: "É unha moi boa oportunidade para poñer en valor o noso queixo San Simón e incrementar a súa promoción turística". A adhesión á Ruta Europea do Queixo permitiría fortalecer a proxección deste produto emblemático da vila, recoñecido pola súa calidade e tradición.

A asociación Ruta Europea do Queixo, fundada en 2014, ten como obxectivo unir esforzos entre diferentes municipios queixeiros para converter o queixo nun elemento estratéxico de desenvolvemento económico local. Actualmente, esta rede está composta por 19 municipios de España, Francia e Portugal.

De concretarse a incorporación, Vilalba sumaríase a esta rede internacional, potenciando a visibilidade do queixo San Simón da Costa e consolidándose como un destino de referencia no turismo gastronómico.

0.16424703598022