Vilalba felicita os 102 anos dunha veciña de Lanzós

Josefa Piñeiro, veciña de Lanzós, está de celebración ao cumprir 102 anos. Con motivo deste acontecemento, a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, visitouna na súa casa para felicitala persoalmente, acompañada polo concelleiro Luis Fernández.
Durante a visita, destacouse a extraordinaria vitalidade de Josefa, que segue sendo un exemplo de fortaleza e enerxía para toda a comunidade.
Esta visita forma parte nunha iniciativa municipal para poñer en valor os centenarios da localidade, aos que se fai un agasallo especial polo seu aniversario.