Vilalba homenaxea a súa veciña Josefa Rivas polo seu 101 aniversario

TerraChaXa
A alcaldesa destacou a súa “a alegría e vitalidade”, así como o seu exemplo de vida e optimismo
centenaria-vilalba
31 Oct 2025

Vilalba celebrou onte unha xornada moi especial con motivo do 101 aniversario de Josefa Rivas, veciña do municipio, que recibiu a visita da alcaldesa, Marta Rouco, e do concelleiro Ignacio Criado.

Ambos representantes municipais achegáronse ata o domicilio da homenaxeada para felicitala persoalmente e facerlle entrega dun ramo de flores en nome de toda a veciñanza vilalbesa. Durante a visita, compartiron con Josefa e coa súa familia unha entrañábel conversa chea de lembranzas, anécdotas e sorrisos, nun ambiente de fonda emoción e gratitude.

A alcaldesa destacou “a alegría e vitalidade” de Josefa, así como o seu exemplo de vida e optimismo. “É un orgullo poder celebrar con ela un século de historias, de afectos e de amor pola súa terra”, sinalou Marta Rouco.

O Concello de Vilalba quixo así render homenaxe á lonxevidade e á memoria viva do municipio, expresando o seu cariño e parabéns a Josefa Rivas por un aniversario tan significativo.

⚙ Configurar cookies
0.081131935119629