Vilalba impulsa a eficiencia enerxética con melloras no pavillón do CEIP Insua Bermúdez

TerraChaXa
A alcaldesa Marta Rouco e representantes da Xunta visitaron as obras, que inclúen reformas nos vestiarios, fiestras e iluminación
melloras-no-pavillón-do-CEIP-Insua-Bermúdez-Vilalba
20 Jul 2025

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, acompañou á directora xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, Natalia Prieto, durante unha visita ás obras de mellora da eficiencia enerxética realizadas no pavillón do CEIP Insua Bermúdez.

O encontro tamén contou coa presenza dos concelleiros Luis Fernández, Eduardo Vidal e José María García-Leira, así como da directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez.

As actuacións levadas a cabo no recinto deportivo consistiron no cambio da cuberta dos vestiarios, a instalación de nova carpintería metálica de PVC, a substitución das fiestras e a colocación de luminarias LED. Ademais, incorporouse unha bomba de calor baseada en tecnoloxía de aerotermia, co obxectivo de acadar unha maior eficiencia enerxética nas instalacións.

Durante a visita, as autoridades tamén se desprazaron ao pavillón municipal, onde o Concello de Vilalba acaba de obter unha subvención de preto de 60.000 euros procedente do Fondo de Cooperación Local. Esta axuda irá destinada a novas actuacións para mellorar a eficiencia enerxética do recinto.

⚙ Configurar cookies
0.16000914573669