Vilalba acolle a asemblea xeral da Asociación Galega de Autocaravanas
Vilalba acollerá do 25 ao 27 deste mes de outubro a concentración e posterior asemblea xeral ordinaria da Asociación Galega de Autocaravanas (AGA). Así o confirmou o Concelleiro de Turismo e Comercio, Modesto Renda, contextualizando a iniciativa no marco da “aposta decidida do Concello por facer de Vilalba un referente no Turismo de Congresos” a fin de incentivar o consumo e a chegada de visitantes á vila, aproveitando as potencialidades do Auditorio Municipal.
“Do que se trata e que visitantes de toda Galicia poidan coñecer o noso Concello, desfrutar dos nosos activos turísticos e consumir no noso comercio e hostalería local” apuntou un Modesto Renda, que estivo acompañado na mesa polo edil de Emprego, Ignacio Criado.
Na mesma liña se pronunciaron os representantes da AGA, Sindo López López e Alberto López Díaz, que agradeceron ao Concello a súa predisposición para acoller e organizar o evento e a concentración e valoraron moi especialmente o plan de rutas e actividades proposto polo mesmo de cara á xornada lúdica do sábado.
Un Planing que, tal e como explicou Renda, comezará na mañá do sábado 26 coa visitar aos principais atractivos turísticos da vila e a súa contorna máis próxima (O Concello facilitará en formato físico toda a información necesaria para que poidan realizar comodamente a visita, así como unha guía breve de servizos) e que se complementará coa propia programación cultural do Concello coa actuación, no marco do Auditorio Municipal, de O Porteña Tango, un espectáculo integral cunha visión do tango arxentino. Así mesmo, os que pernoiten en Vilalba a noite do venres 25, poderán desfrutar da actuación de Berta Franklin ás 21.00 horas.
Asociación e Concello estiman nunhas 300-350 persoas o número total de visitantes e no medio día do domingo está previsto un xantar de confraternización, coma paso previo á propia Asemblea Xeral Ordinaria, a celebrar no Auditorio Municipal o domingo 27 a partires das 11.00 horas.