Vilalba inicia unha programación baixo o paraugas 'Cultura Segura'
Concello de Vilalba presentou hoxe a súa programación cultural para os meses de outubro e novembro, con actos de aforo limitado nos que haberá un estrito cumprimento de todos os protocolos sanitarios.
Con esta programación, Vilalba únese á campaña ‘Cultura Segura’, tendo como principal obxectivo “o apoio a un sector fundamental para o desenvolvemento das persoas e das sociedades, pero moi perxudicado por esta crise; foron os primeros en pechar e os últimos en reincorporarse”, aseguraron a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e a concelleira de Cultura, Vanesa Siso.
“Os espectáculos culturais son seguros, así o levan demostrando desde hai tempo, e o Concello leva semanas traballando para ofrecer esa seguridade no auditorio, reduciendo o seu aforo ata 96 prazas habilitadas das 500 existentes”, explicou a alcaldesa.
En palabras da concelleira Vanesa Siso, “entendemos a cultura como un dereito e todas as partes implicadas, tanto os programadores como as administracións e as compañías, traballan sen descanso para garantir seguridade ao público”.
Haberá un total de 18 espectáculos de teatro, danza, música e cine documental, O primeiro deles, ‘Pinconús’ de Ítaca teatro, este venres ás 20:00 horas para público familiar.
Todas as entradas serán gratuitas pero é imprescindible reservar con anterioridade na web www.entradasvilalba.es ou na Casa de Cultura. A apertura de portas realizarase 30 minutos antes do inicio de cada actividade.
Os aforos serán numerados, inhabilitando as butacas que non se ocupen. A taquilla do Auditorio Municipal abrirá unha hora antes de cada función, e habilitarase a venda de entradas no caso de quedar dispoñibles, ata completar aforo.