Vilalba leva obradoiros de primeiros auxilios e de coidado dos maiores ás parroquias

TerraChaXa
A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Vilalba a través do Centro Sociocomunitario da Xunta levará a cabo unha campaña de sensibilización no medio rural sobre o coidado á terceira idade que se desenvolverá nun total de nove parroquias os sábados de outubro e novembro.
primeiros auxlios
17 Ago 2018

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Vilalba a través do Centro Sociocomunitario da Xunta levará a cabo unha campaña de sensibilización no medio rural sobre o coidado á terceira idade que se desenvolverá nun total de nove parroquias os sábados de outubro e novembro.

A campaña consistirá na realización de obradoiros nos que se tratarán temas de importancia na mellora da calidade de viada dos maiores como o deterioro cognitivo e demencias, a alimentación e a hixiene das persoas dependentes, a prevención e tratamento de úlceras de cambios posturais, a Lei de Dependencia e o trato e comunicación coas persoas en situación de dependencia, entre outras cuestións.

Estes obradoiros están dirixidos a maiores, coidadores, familiares e público en xeral e se celebrarán entre o 6 de outubro e o 24 de novembro patrocinados pola Xunta de Galicia.

A primeira das charlas serán na Casa da escola de Insua, o 6 de outubro para as parroquias de Insua, Torre, Boizán e Soexo. O 13 Sancobade e Vilalba reuniranse na propia Vilalba para seguir o 19 en Belesar tamén para os veciños de Mourence e Gondaisque.Ao día seguinte estarán en Goiriz para atender aos veciños tamén de Carballido e Román. En Santaballa atenderán o 27 aos veciños da propia localidade, Codesido, Distriz e Tardade. En novembro comezarán o 3 con Nete, Ladra, Noche e Xoibán na escola de Nete. Ao seguinte sábado visitarán Árbol, tamén cos veciños de Rioaveso e Oleiros. O día 17 estarán en Corbelle para que participen tamén os de Samarugo e finalizarán en San Simón para estes e os residentes en Vilapedre e Lanzós.

Todas as charlas terán lugar ás 17.00 horas agás a de Belesar e Santaballa que será ás 18.00, a de Nete que será ás 16.00 horas e a de Sancobade ás 10.30 horas.

OBRADOIROS DE PRIMEIROS AUXILIOS

Ademais, desenvolverán tamén unha serie de obradoiros de primeiros auxilios nas parroquias que darán comezo o 21 de setembro e se alongarán ata o 14 de decembro e que serán impartidos por persoal de Cruz Vermella.

O primeiro deles será un de primeiros auxilios básico que se desenvolverán o venres 21, entre as 16.00 e as 20.00 horas na Asociación de Viuvas Carmiña Prieto Rouco de Vilalba. Este mesmo taller desenvolverase tamén o 14 de decembro no Centro Sociocomunitario de Vilalba co mesmo horario.

O segundo dos obradoiros serán sobre primeiros auxilios no fogar. O primeiro será tamén na Asociación de Viuvas o 28 de setembro e repetirase o 17 de novembro na Asociación de Veciños de Rioaveso.

Finalmente, o taller de prevención de accidentes domésticos desenvolverase o 23 de setembro na Asociación de Veciños de Lanzós e o 27 de outubro en Corbelle.

0.18496417999268