Vilalba licita a renovación do alumeado público LED en varias rúas

TerraChaXa
O Concello de Vilalba sacou a licitación o proxecto de renovación do alumeado público coa instalación de luminarias de tecnoloxía LED
led lampada rua
11 Ago 2021

O Concello de Vilalba sacou a licitación o proxecto de renovación do alumeado público coa instalación de luminarias de tecnoloxía LED en Grupo la Paz e as rúas Cidade de Lugo e da Feira. 

As obras suporán a renovación de 183 puntos de luz e, grazas á tecnoloxía LED, o aforro enerxético será do 80%, rebaixando ademais de forma considerable a contaminación lumínica e as emisións de CO2.

Para esta actuación, o concello recibiu unha subvención de 140.148,90 euros do Instituto para la Diversificación y el Ahorro de la Energía (IDAE), dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica (o orzamento total dos traballos é de 163.000 euros).

“Un paso máis na renovación do alumeado municipal, tanto no centro como nas parroquias, apostando pola tecnoloxía LED para cumprir todas as recomendacións da UE e dar un mellor servizo aos veciños”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas do Concello de Vilalba.

No pasado mes de abril, o concello licitou a renovación do alumeado na zona de Campo de Puente e outras rúas próximas, tamén cunha subvención do IDAE. “Entre os dous proxectos, o concello conseguiu máis de 280.000 euros do IDAE, unha cantidade importante que nos permite afrontar estes investimentos”, engade Fernández.   

0.17076992988586