Vilalba organiza unha concentración polo asasinato de Rejana Soares en Viveiro

Este sábado 21 de decembro, ás 12:00 horas, terá lugar unha concentración diante da Casa da Cultura de Vilalba en repulsa polo feminicidio de Rejana Soares de Viveiro. O acto, organizado por colectivos feministas, busca visibilizar e denunciar a violencia machista que segue a arrebatarlle vidas a mulleres en todo o mundo.
Baixo o lema Basta xa de violencia machista, esta mobilización pretende ser un clamor colectivo pola igualdade, o respecto e a xustiza, lembrando que só coa loita presente poderemos acadar un futuro libre de opresións e violencia de xénero.
Anímase a toda a cidadanía a participar neste acto de solidariedade e reivindicación. A túa voz é necesaria para que o feminicidio e a violencia contra as mulleres non queden impunes.