Vilalba organiza unha nova edición de Comercio na Rúa
TerraChaXa
Coincidindo coas Festas de San Ramón e Santa María, A Asociación Sete Pontes de Vilalba, volve celebrar unha nova edición do Comercio na Rúa.
22 Aug 2022
Coincidindo coas Festas de San Ramón e Santa María, A Asociación de Empresarios do Polígono Sete Pontes de Vilalba, volve celebrar unha nova edición do Comercio na Rúa.
Así, do mércores 24 ao sábado 27 de agosto as persoas que realicen as súas compras nos comercios participantes poderán gañar 2 bonos para o Spa Attica21 de Vilaba, que inclúe almorzo ou cea e acceso á zona termal para dúas persoas. Inclúense nesta iniciativa un total de 24 negocios.
O sorteo celebrarase o 7 de setembro.
A organización lembra que é necesario gardar o ticket de compra para xustificar que se realizou nos días indicados (do 24 ao 27 de agosto, ambos inclusive).