Vilalba prepara unha sesión de tardeo na rúa da Pravia con música en directo

TerraChaXa
A banda ‘La Disquetera’ interpretará clásicos do pop rock español este sábado ás oito e media da tarde
rua-da-pravia-vilalba
9 Aug 2025

Vilalba propón un plan para despedir o día con música e bo ambiente este sábado 9 de agosto.

A partir das 20l3.30 horas a rúa da Pravia acollerá unha nova sesión de tardeo cun concerto en directo da banda ‘La Disquetera’, que ofrecerá versións dalgúns dos éxitos máis coñecidos do pop rock español de todos os tempos.

A alcaldesa, Marta Rouco, anima á veciñanza a achegarse despois de pasar a tarde nas piscinas da Madalena para gozar dunha celebración pensada para todos os públicos.

O evento, organizado pola Concellería de Feiras e Mercados, conta con establecementos aos que a concelleira Paula Vigo quixo agradecer o seu apoio.

⚙ Configurar cookies
0.10124206542969