Vilalba prepárase para a Cabalgata de Reis, que comezará polas parroquias
Mañá xoves 5 de xaneiro, os nenos e nenas de Vilalba poderán desfrutar da tan esperada visita dos Reis Magos de Oriente, que se achegarán ao concello nun desfile que percorrerá as rúas da vila, as parroquias do municipio e que os levará de visita ás casas escola de Insua, Codesido, Nete, Lanzós, Goiriz, Sancovade, Carballido e Santaballa.
Melchor, Gaspar e Baltasar serán os protagonistas dunha Cabalgata chea de sorpresas e momentos para o recordo que desfilará polas diferentes parroquias co seguinte horario:
-De 15:00 a 16:00 horas: Insua, Codesido e Nete.
-De 16:30 a 17:30 horas: Lanzós, Goiriz e Sancovade.
-De 18:15 e as 19:15 horas: Carballido e a Santaballa.
A cabalgata de Reis que discorre polo casco urbano terá mañá un itinerario diferente ao habitual debido ás obras na rúa da Pravia:
-O desfile sairá do campo da feira ás 18:15 horas.
-O percorrido completarase pola rúa López Guntín, rúa da Feira, avenida de Lugo e pola rúa Galicia.
-Ao chegar á praza de Suso Gayoso rematará como é de costume na praza da Constitución.
Ao rematar o desfile, as súas Maxestades dirixiranse á carpa habilitada para o Nadal na praza da Constitución de Vilalba para atender a todos os nenos e nenas da vila e escoitar os seus desexos para esta noite tan especial.