Vilalba prepárase para a Ruleta da Sorte
A Federación de Comercio de Lugo, en colaboración coa Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba e a Consellería de Economía, Emprego e Industria – Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, pon en marcha na vila a campaña promocional “Ruleta da Sorte”.
Así, todos os clientes de Vilalba que merquen entre o 4 e o 11 de xuño nos establecementos asociados da vila poderán xirar ata 3 veces a ruleta. Cada ticket de importe igual ou superior a 10 euros da dereito a unha tirada.
Esta Ruleta, instalarase o martes, 11 de xuño, entre as 11.00 e as 14.30 horas na Praza da Constitución, e da opción a gañar moitos agasallos para premiar a fidelidade dos clientes no comercio local. Ademáis, os vilalbeses que o desexen poderán disfrutar dun divertido photocall que se ubicará xunto á ruleta e levarse un simpático recordo para casa.
A campaña “Ruleta da Sorte”, busca dinamizar o comercio de proximidade da provincia de Lugo e incentivar o consumo. Con esta finalidade, durante as vindeiras semanas contemplará distintas actuacións en varias localidades lucenses.