Vilalba prepárase para celebrar o sábado a II Festa dos Condutores

TerraChaXa
Vilalba acollerá este sábado, 30 de setembro a segunda edición da Festa dos Condutores, que terá lugar no campo da Feira desde as 9.
condutores coche
26 sep 2023

Vilalba acollerá este sábado, 30 de setembro a segunda edición da Festa dos Condutores, que terá lugar no campo da Feira desde as 9.00 horas.

Esa será a hora na que comecen a entrar no recinto os vehículos participantes. Os actos iniciaranse cunha misa e a tradicional bendición dos vehículos a partir das 12.00 horas. Ao rematar, farán un percorrido pola vila.

Non faltará a música a cargo do grupo Alba, que tocará en sesión vermú e tamén de tarde,

Está prevista tamén unha comida no campo da feira na que se sorterá unha cea para seis persoas entre aqueles que leven o vehículo.

Durante a festa que terá lugar pola tarde haberá máis sorteos e inchables gratuítos para os máis pequenos.

O prezo do xantar, que inclúe cea, é de 28 euros, con desconto para os nenos de entre 5 e 10 anos (15 euros). Os menores non pagan.

Mañá será o último día para recoller as invitacións, que reparten os organizadores Efrén (661 726 113), Alberto (610 327 998), Marcos (646 545 077), Rubén (627 537 292) ou Fernando (620 540 470).

Na primeira edición participaron máis de 160 vehículos e uns 500 comensais.

festa dos condutores vilalba
0.10890603065491