Vilalba presenta a súa programación polo 8M

O Concello de Vilalba presentou a súa programación polo 8M, unhas actividades coas que se quere “abrir as portas á igualdade”.
O sábado 8 e o domingo 9, o concello publicará nas súas redes sociais dúas pezas audiovisuais coa experiencia de mulleres que están á fronte de negocios locais ou traballan neles.
“O obxectivo é reflexionar e concienciar, xa que aínda queda moito camiño por percorrer para acadar unha igualdade real”, asegura a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, que presentou a programación coa técnica de Igualdade municipal, Laura Varela.
Os días 12 e 19 de marzo, o alumnado de 2º de Bacherelato do IES Basanta Silva participará no obradoiro Fronte ao espello das redes sociais, que servirá para reflexionar sobre o canon de beleza e a presión estética vixentes no século XXI.
Por último, o concello organiza o 18 de marzo un obradoiro de autocoidado para o alumnado do Ciclo Medio en Atención a Persoas en Situación de Dependencia do IES Lois Peña Novo.